Actualidade > Novas > noticia-detalle

A Deputación destina máis de 125.000 euros á subministración de alimentación do gando vacún da Finca de Mouriscade

23 de novembro de 2019

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar en Xunta de Goberno a adxudicación do contrato, mediante procedemento aberto, da subministración da alimentación do gando vacún para o laboratorio de Finca Mouriscade. Así, a partida total ascende a 126.727,38 euros e divídese en dous lotes.

Este importe total, que se corresponde cos gastos anuais do 2020 derivados da manutención do gando vacún da instalación da Deputación, atópase conformado polos 114.077,38 euros que pertencen ó lote 1, correspondente á mestura de materias primas e á subministración dos pensos ensacados, cuxa empresa adxudicataria é Aira Sociedade Cooperativa Galega; e polos 12.650 euros que se destinarán ó segundo lote, para á adquisición de palla moída, cuxa empresa adxudicataria é COFOCYL, S.L.

Así, a Finca Mouriscade desenvolve diversos traballos de análise de forraxes, pensos e materias primas destinadas á alimentación animal para as explotacións gandeiras da provincia como para o resto de España, Portugal e incluso outros países europeos. Deste xeito, realízanse máis de 60.000 análises de mostras cada ano.