
Envío de Mostras
Follas para o envío de mostras ao laboratorio
MOSTRAS DE FORRAXES, PENSOS E MATERIAS PRIMAS
Envase:
As bolsas ou envases que conteñan as mostras deben recibirse perfectamente pechadas; no caso contrario, comunicaráselle ao cliente para que as envíe de novo.
Cantidade de mostra:
A cantidade de mostra mínima necesaria será de 200 gramos; se o laboratorio recibe unha cantidade inferior non poderá asegurar a repetición da análise en caso necesario. As mostras estarán sempre acompañadas da folla de envío de mostras ao laboratorio, perfectamente cuberta.
MOSTRAS DE AUGAS
Envase:
A mostra recibirase nun envase aséptico; no caso contrario, rexeitarase.
Cantidade de mostra:
Se a análise solicitada é a de tres parámetros (E. coli, Enterococcus e coliformes totais) é suficiente un envase de 500 mililitros; para a análise completa de microbioloxía e a físico-química o envase será de 1,5 litros.
MOSTRAS DE LEITE PARA A DETERMINACIÓN DE XERMES
Envase:
Para a realización desta análise o envase debe ser estéril; no caso contrario, rexeitarase a mostra.
Cantidade de mostra:
A cantidade de mostra necesaria para a análise será de aproximadamente 4 mililitros; se o envase está moi cheo advertiráselle ao cliente da probabilidade de que a mostra está contaminada, é dicir, mal recollida, por se decide non entregala e recoller outra.
Outras advertencias ao cliente:
Cada envase debe conter a mostra de cada cuarto por separado; nunca se deben mesturar os catro cuartos.
Contido web
Análises NIR en mostras de ensilaxes, forraxes e materias primas
Envase:
As bolsas ou envases que conteñan as mostras deben recibirse perfectamente pechadas; en caso contrario comunicaráselle ao cliente para que as envíe de novo.
Cantidade de mostra:
A cantidade de mostra mínima necesaria será de 200 gramos; se o laboratorio recibe unha cantidade inferior non poderá asegurar a repetición da análise en caso necesario. As mostras estarán sempre acompañadas da folla de envío de mostras ao laboratorio perfectamente cuberta