Coneces o teu -L Africaine de Meyerbeer - Museo de Pontevedra

L´Africaine de Meyerbeer, a ópera en tres dimensións
Dentro da variada colección de fotografía estereoscópica que posúe o Museo de Pontevedra destacan, pola súa orixinalidade e beleza, os doce pares de procedencia francesa (French tissues) da ópera L´Africaine que pertenceron ao médico José Casal y Lois (1845-1912), destacado personaxe do ámbito cultural pontevedrés decimonónico, vinculado á Sociedade Arqueolóxica e, por extensión, ao Museo de Pontevedra, que custodia o seu arquivo persoal.
As fotografías levan adheridas ao dorso uns finos tissues pintados con acuarelas ou anilinas de xeito que, se son observadas con luz transmitida, as imaxes se ven en cor, o que causa un resultado plástico sorprendente, mentres que, vistas con luz reflectida, as escenas se ven en branco e negro e apenas nos chaman a atención.
Ver artigo en PDF
Cristina Echave Durán








