News - Museo de Pontevedra

News
-
O MUSEO INCORPORA NOVAS PEZAS NAS SALAS DE EXPOSICIÓN PERMANENTE DO EDIFICIO CASTELAO
Neste pasado mes de xullo realizáronse varios movementos en diferentes salas da exposición permanente do Edificio Castelao para ofrecer nas visitas unha visión máis completa da colección.
06/08/2025
-
O Museo de Pontevedra acollerá en outubro o IV Encontro do ICOM, a principal cita de museoloxía a nivel español
O IV Encontro de Museoloxía ICOM-España terá como tema “Coleccións almacenadas: (re)definir e (re)organizar. O desafío da sostibilidade medioambiental e social”.
08/06/2025
-
Luis López e Rafa Domínguez detallan “a bienal máis global da historia”: 60 artistas de 28 nacionalidades para reforzar a cidade de Pontevedra como epicentro da cultura
Co lema “Volver a ser humanos. Ante a dor dos demais”, a bienal contará con figuras internacionais coma Olafur Eliasson, Hans Haacke, Susan Philipsz, Emily Jacir ou Antoni Muntadas, xunto a nomes galegos coma Almudena Fernández Fariña ou Lois Patiño
26/05/2025
-
A Deputación recibe no Museo de Pontevedra a doazón dun conxunto de cartas de Valle-Inclán e a súa muller Josefina Blanco
A entrega da correspondencia completouse coa doazón dun retrato de gran formato do escritor galego asinado polo pintor Florencio Maíllo
06/05/2025
-
A Deputación convida o alumnado da provincia a indagar sobre a obra de Castelao na segunda edición do concurso Micromuseo
O certame de microrrelatos audiovisuais está aberto aos centros escolares desde primaria ata FP, e outorgaranse premios valorados nun total de 9.000 euros. O prazo para entregar os traballos está aberto ata o 9 de maio.
09/04/2025
-
Rafa Domínguez anuncia o achado en Santa Clara de “pinturas murais únicas en Galicia” e confirma que se conservarán para que sexan visitables
“Trátanse dunhas pinturas murais do século XVI, cunhas características artísticas e históricas únicas en toda Galicia”, subliñou o vicepresidente da Deputación quen compareceu en conferencia de prensa xunto co profesor emérito de Historia da Arte da Universidade de Santiago de Compostela José Manuel García Iglesias
31/03/2025