Visitas guiadas á exposición permanente

Do 16 de xuño ao 15 de setembro: de martes a sábado ás 12 h e mércores tamén ás 18 h

Resto do ano: sábados, domingos e festivos ás 12 h

Percorrido guiado de aproximadamente unha hora de duración. Non é necesario inscribirse. O punto de encontro é na recepción do Edificio Castelao.

Faise unha pequena introdución á historia do Museo de Pontevedra e aos edificios que se van visitar. A continuación, realízase un percorrido centrado principalmente na arte galega, que se detén nalgunhas das pezas máis significativas da colección: o Tesouro de Caldas e os fondos arqueolóxicos; o retablo de Belvís e a arte sacra; a Xeración Doente, con mención especial a Jenaro Carrero e Ovidio Murguía; Sotomayor, Lloréns e a pintura rexionalista; e a obra e a figura de Castelao.