Visitas guiadas - Museo de Pontevedra

Visitas guiadas
As visitas á colección permanente ofrécense ao longo de todo o ano, con horarios ampliados en temporada estival. As Ruínas de San Domingos pódense visitar entre xuño e outubro. Algunhas exposicións temporais contan con programa de visitas guiadas.
-
Visitas guiadas á Bienal de Pontevedra
As visitas guiadas á bienal son unha oportunidade perfecta para descubrir os contidos e os espazos desta edición da man de especialistas
-
Visita guiada ás salas de Castelao
Martes 7 de outubro de 2025, ás 18 h, no Edificio Castelao
-
Visitas ás Ruínas de San Domingos
Do 1 de xuño ao 15 de outubro: de martes a venres ás 12 h
-
Visitas guiadas á exposición permanente
Do 16 de xuño ao 15 de setembro: de martes a sábado ás 12 h e mércores tamén ás 18 h
Resto do ano: sábados, domingos e festivos ás 12 h
VISITAS DE GRUPOS CONCERTADOS
Percorrido guiado de 60 minutos de duración aproximadamente polas salas da colección permanente, ou de 30 minutos de duración polas Ruínas de San Domingos.
O grupo non poderá exceder de 25 persoas (ata un máximo de tres grupos simultáneos. Consultar dispoñibilidade).
De martes a domingo en horario a convir, suxeito a dispoñibilidade.
Imprescindible inscrición previa.
Formulario de reserva de grupos concertados.
Máis información e contacto:
886 201 410 ou 986 804 100 extensión 42416
(de luns a venres de 8:30h a 14:30h)