Concerto A la luz de los candelabros (LXIV edición)
Edificio Castelao, 2 de agosto de 2025
O sábado 2 de agosto ás 19 h celebrarase no salón de actos do Edificio Castelao o concerto A la luz de los candelabros dentro das actividades dos cursos internacionais de Música en Compostela. A entrada é libre ata completar a capacidade.
Este é o concerto número sesenta e catro que acolle o Museo desde que en 1958 se crearan estes cursos universitarios internacionais por iniciativa do mestre Andrés Segovia, para interpretar e cultivar a música española. Desde 1960, alumnado de máis de vinte nacionalidades, de media, acude cada ano a esta cita musical na cidade do Lérez.