IV Poxa de Mouriscade
Data: 19 de novembro de 2025, ás 11:00 horas
Lugar: Finca Mouriscade, Lalín, Pontevedra
Imprescindible a inscrición a través da Sede electrónica da Deputación (prazo aberto ata o 5 de novembro).
24/10/2025
 
Contacto da Finca Mouriscade: a través do correo administracion.mouriscade@depo.es e dos teléfonos 886 217 200 e 986 804 100.
Requisitos para poder participar na poxa:
- Realizar a inscrición exclusivamente a través da devandita sede electrónica mediante unha instancia xenérica en liña dirixida ao Servizo de Contratación, Facenda e Patrimonio. (https://sede.depo.gal/web/public/catalog-detail/50709505)
- Anexar os seguintes documentos á instancia xenérica:
	- Modelo anexo I.
- Acreditación da persoa:
		- No caso de persoas físicas: copia do documento nacional de identidade ou pasaporte en vigor.
- No caso de persoas xurídicas: escritura de constitución inscrita no rexistro correspondente e o DNI en vigor.
 
- Acreditación de estar inscritos no Rexistro de Explotacións Gandeiras (REGA) para as explotacións de fóra de Galicia.