null Noticia -IV SUBASTA MOURISCADE

IV Poxa de Mouriscade

Data: 19 de novembro de 2025, ás 11:00 horas

Lugar: Finca Mouriscade, Lalín, Pontevedra

Imprescindible a inscrición a través da Sede electrónica da Deputación (prazo aberto ata o 5 de novembro).

24/10/2025

Contacto da Finca Mouriscade: a través do correo administracion.mouriscade@depo.es e dos teléfonos 886 217 200 e 986 804 100.
Requisitos para poder participar na poxa:

  • Realizar a inscrición exclusivamente a través da devandita sede electrónica mediante unha instancia xenérica en liña dirixida ao Servizo de Contratación, Facenda e Patrimonio. (https://sede.depo.gal/web/public/catalog-detail/50709505)
  • Anexar os seguintes documentos á instancia xenérica:
    • Modelo anexo I.
    • Acreditación da persoa:
      • No caso de persoas físicas: copia do documento nacional de identidade ou pasaporte en vigor.
      • No caso de persoas xurídicas: escritura de constitución inscrita no rexistro correspondente e o DNI en vigor.
    • Acreditación de estar inscritos no Rexistro de Explotacións Gandeiras (REGA) para as explotacións de fóra de Galicia.