Ciclo de proxeccións Cine, Arte e Guerra
O 29 de maio, ás 23 h, no xardín do palacete das Mendoza e do 5 de xuño ao 17 de xullo de 2025, ás 19 h, no Edificio Castelao
Cine, Arte e Guerra é un ciclo de proxeccións que forma parte da programación da 32.ª Bienal de Pontevedra. Está organizado en colaboración co festival Novos Cinemas e todas as sesións son de acceso libre ata completar a capacidade. Toda a información pode consultarse na axenda da web da bienal (https://bienal.depo.gal/programa/axenda).
O programa do ciclo é o seguinte:
Démanty noci (Diamantes da noite, Checoslovaquia I 1964 I 67’). Dirección: Jan Němec.
Xoves 29 de maio, ás 23 h, no xardín do palacete das Mendoza.
Hitler contro Picasso e gli altri (Hitler vs. Picasso e outros artistas modernos, Italia, Francia e Alemaña I 2018 I 94’). Dirección: Claudio Poli.
Xoves 5 de xuño, ás 19 h, no Edificio Castelao, Museo de Pontevedra.
Good Times, Wonderful Times (Bos tempos, marabillosos tempos, Reino Unido e Estados Unidos I 1965 I 73’) e Arab Israeli Dialogue (Diálogo árabe-israelí, Estados Unidos I 1974 I 40’). Dirección: Lionel Rogosin.
Xoves 12 de xuño, ás 19 h, no Edificio Castelao, Museo de Pontevedra.
Le silence de la mer (O silencio do mar, Francia I 1949 I 87’). Dirección: Jean-Pierre Melville.
Xoves 3 de xullo, ás 19 h, no Edificio Castelao, Museo de Pontevedra.
Kaze no Tani no Naushika (Nausicaä do Val do Vento, Xapón I 1984 I 116’). Dirección: Hayao Miyazaki.
Mércores 9 de xullo, ás 19 h, no Edificio Castelao, Museo de Pontevedra.
Culloden (Reino Unido I 1964 I 75’) e The War Game (O xogo da guerra, Reino Unido I 1966 I 48’). Dirección: Peter Watkins.
Xoves 17 de xullo, ás 19 h, no Edificio Castelao, Museo de Pontevedra.