Conversas con artistas da bienal

Do 21 de xuño ao 30 de setembro de 2025, en varios espazos

Conversas con artistas da bienal

Durante a 32.ª edición da Bienal de Pontevedra, un bo número de artistas participantes na mostra conversarán co público. Estes encontros buscan abrir un espazo próximo e directo onde compartir procesos, ideas e preguntas que atravesan as súas obras.

Máis que charlas formais, trátase de momentos de escoita e diálogo que permiten coñecer as motivacións, os contextos e as linguaxes de quen lle dá forma a esta edición. Un ciclo que convida a pensar colectivamente, a deternos no que non sempre se ve e a activar novas formas de relación entre arte, palabra e público.

As datas e as e os artistas participantes publicaranse na axenda da web da bienal (https://bienal.depo.gal/programa/axenda).