Día do Libro. Obradoiro aberto de elaboración de papel
Sábado 26 de abril de 2025, de 10 a 14 h, no Edificio Castelao
O Museo de Pontevedra celebra o Día do Libro cun obradoiro aberto durante a mañá do sábado para persoas de todas as idades. Quen se achegue ao museo en calquera momento entre as 10 e as 14 horas poderán elaborar o seu propio papel artesanal con papel reciclado e fibras naturais coma algodón, liño, bambú...
Con ese papel poderán crear marcapáxinas con gravados orixinais deseñados para este obradoiro e inspirados nas obras de grandes artistas galegos coma Castelao e Luis Seoane, ademais de crear un exlibris co seu nome. O obradoiro estará a cargo de Eulogio Rosales e Silvia López.