Facedoras de cultura. Xornadas Internacionais de Estudos Transatlánticos
Edificio Castelao, do 8 ao 10 de xullo de 2025
O Museo de Pontevedra e o Instituto de Historia do CSIC organizan as Xornadas Internacionais de Estudos Transatlánticos Facedoras de Cultura. Desde unha perspectiva ampla, con especial interese nas artes visuais e sonoras, poñerase a atención no papel fundamental que as mulleres desenvolveron nas relacións culturais producidas entre España e o continente americano ao longo do século xx.
O programa das xornadas, deseñado polo proxecto de I+D+i “Facedoras de Cultura: conexións e intercambios artísticos transatlánticos no século xx”, baixo a dirección de Carmen Gaitán Salinas, articúlase en tres liñas temáticas: o espazo transatlántico como contorna de mobilidade e intercambio durante o século xx, a experiencia de mulleres vinculadas a Galicia e a valoración de creacións de artesanía ou prácticas artísticas en soportes non convencionais.
Máis información en https://museo.depo.gal/facedoras-de-cultura