Intervencións artísticas na bienal

Do 21 de xuño ao 30 de setembro de 2025, en varios espazos

Intervencións artísticas na bienal

Na 32.ª Bienal de Pontevedra as e os artistas participantes realizarán espectáculos, activacións e intervencións sobre as súas obras.

A bienal arranca na fin de semana inaugural, coa intervención Peregrinacolor de Patrick Warrener sobre a fachada da igrexa da Virxe Peregrina, a activación da peza Machine for Restoring Empathy (Máquina para restaurar a empatía), de Eva Koťátková, e o espectáculo de Raida Adon Me and My Soul (A miña alma e mais eu), e seguirán durante os máis de tres meses que dura a exposición.

As datas e as e os artistas participantes publicaranse na axenda da web da bienal (https://bienal.depo.gal/programa/axenda).