Obradoiros de verán

Xullo e agosto de 2025, en quendas semanais

Verán no Museo

Horario: de 11 a 13 horas

Idades: de 6 a 12 anos

Inscricións: a partir do 17 de xuño, ás 10 horas, a través do formulario dispoñible nesta web

Número de prazas por quenda: 15

Cada menor só se poderá inscribir nun obradoiro.

 

Instalación Colectiva: unha Ollada ao Futuro

Do 1 ao 4 de xullo; do 8 ao 10 de xullo

Neste obradoiro abordarase a instalación artística como medio de expresión de arte e traballo conxunto. A través do xogo e da experimentación, as e os cativos crearán un mural colectivo do futuro que imaxinamos, baixo as premisas de paz, esperanza e empatía, a partir das obras expostas na bienal de Pontevedra.

Actividade impartida por Alba Santa.

Campamento Feitiño da Paz

Do 15 ao 18 de xullo; do 22 ao 24 de xullo

Obradoiro artístico e lúdico no que se explorarán formas creativas de resistir á violencia e construír a paz desde o tenro, o divertido e o colectivo. Ao longo dunha semana, o grupo imaxinará e daralle forma a unha “resistencia adorable” construíndo unha cidade de cartón, habitada por personaxes pacificadores, casas-refuxio, máquinas de empatía, flores heroicas e pancartas ilustradas.

Actividade impartida por Lili Algo.

Cerámica Celta

Do 29 de xullo ao 1 de agosto (de 6 a 9 anos); do 5 ao 8 de agosto (de 9 a 12 anos)

Asorey, Castelao, Maside, Carlos Sobrino, Acuña ou Bonome foron algúns dos artistas que participaron nos deseños da Cerámica Celta, dirixida por Ramón Diéguez Carlés. Este ano conmemoramos o centenario con este obradoiro no que as nenas e os nenos participantes modelarán, decorarán e colorearán súas propias pezas cerámicas.

Actividade impartida por Teresa Pece.

 

Crea a túa Arte a través da Bienal

Do 19 ao 22 de agosto; do 26 ao 29 de agosto

Un obradoiro no que se trata de implicar as e os rapaces no mundo en que vivimos a través da bienal de Pontevedra. A partir das obras de Rosalind Nashashibi, Manuel Vilariño, Diana Larrea e Fritzia Irizar, as nenas e os nenos participantes desenvolverán a súa creatividade e o seu espírito crítico a través do debuxo, do traballo con refugallos e coa escritura.

Actividade impartida por Leucoíña Pasea.