Visitas guiadas á exposición sobre a Sociedade Coral Polifónica de Pontevedra
Do 3 ao 19 de abril de 2025 no Edificio Castelao
Visitas guiadas á exposición Sociedade Coral Polifónica de Pontevedra 1925-2025, un século de música coral en Galicia, unha mostra que repasa os cen anos dunha agrupación fundamental na historia da música e da cultura en Galicia.
Estas son as datas e horas das visitas guiadas:
- Xoves 3 e 10 de abril, ás 18 h. Reserva ata o mesmo día, ás 14 h
- Sábados 5 e 12 de abril ,ás 18 h. Reserva ata o día anterior, ás 14 h
- Xoves Santo e Venres Santo, 17 e 18 de abril, ás 12 h. Sábado 19 de abril ás 18 h. Reserva ata o mércores 16 de abril, ás 14 h
As visitas guiadas deben reservarse previamente a través do formulario achegado nesta páxina, que se actualiza cada luns coas quendas da semana correspondente.