V poxa de Mouriscade
22/05/2026
Data: 12/06/2026
Hora: 11.00
Lugar: Finca Mouriscade, Lalín, Pontevedra
Imprescindible inscribirse a través da Sede electrónica da Deputación (prazo aberto ata as 10 h do 1 de xuño de 2026).
Contacto da Finca Mouriscade: administracion.mouriscade@depo.es ou nos teléfonos 886 217 200 e 986 804 100.
Requisitos para poder participar na poxa:
- Realizar a inscrición exclusivamente a través da devandita sede electrónica mediante unha instancia xenérica en liña dirixida ao Servizo de Contratación, Facenda e Patrimonio (https://sede.depo.gal/web/public/catalog-detail/50709505).
- Anexar os seguintes documentos á instancia xenérica:
- Modelo anexo I.
- Acreditación da persoa:
- No caso de persoas físicas: copia do documento nacional de identidade (DNI) ou pasaporte en vigor.
- No caso de persoas xurídicas: escritura de constitución inscrita no rexistro correspondente e o DNI en vigor.
- Acreditación de estar inscritos no Rexistro de Explotacións Gandeiras (REGA) para as explotacións de fóra de Galicia.