Planta de Biogas - Finca Mouriscade
Planta de biogás
A planta de biogás da Leira Mouriscade foi instalada en 2013 co obxectivo de obter o máximo aproveitamento dos seus recursos, promover o uso de enerxías renovables, a economía circular e optimizar a sustentabilidade enerxética da leira Mouriscade.
A planta de biogás da leira Mouriscade utiliza como substrato os residuos orgánicos das mostras analizadas no laboratorio e o xurro da explotación gandeira.
No reactor da planta de biogás prodúcese a dixestión anaerobia do substrato. A dixestión anaerobia é un proceso de descomposición biolóxica da materia orgánica en ausencia de luz e osíxeno a unha temperatura de aprox. 38-40 °C en sucesivas fases (hidrólisis, acidogénesis, acetogénesis e metanogénesis) mediante a acción dunha poboación heteroxénea de microorganismos para obter biogás e residuos de dixestión. A produción de biogás é unha clara mostra de economía circular xa que un residuo convértese en recurso e evítase a entrada de materiais virxes dentro do sistema de produción de biogás, fonte de enerxía renovable co metano como compoñente principal.
O biogás xerado condúcese e quéimase nunha micro turbina para a xeración de corrente eléctrica. A instalación está preparada para producir 30 kw/h, utilizados para autoconsumo. O proceso de xeración de biogás non ten límite mentres se achegue a materia orgánica necesaria para facer funcionar o sistema.
Os residuos da dixestión anaerobia poden utilizarse como abonos de alto valor xa que presentan menor viscosidade e, por conseguinte, entran máis rapidamente no chan. Ademais, posúen un maior valor fertilizante e un cheiro menos intenso.