Calidade - Finca Mouriscade
Calidade
A Presidencia da Deputación de Pontevedra e a Dirección do Laboratorio de Mouriscade son conscientes das novas regras de competencia técnica que se están a introducir nos laboratorios de ensaios, polo que queren poñer de manifesto o seu compromiso de enfocar todos os esforzos a mellorar a calidade dos servizos prestados polo Laboratorio de Mouriscade, co fin de traballar a un nivel no que a competencia técnica sexa recoñecida por un organismo acreditador.
Para iso, a Deputación de Pontevedra e o Laboratorio de Mouriscade establecen como obxectivos:
- Garantir que os ensaios se realizan conforme aos métodos establecidos e ás especificacións que estableza a clientela.
- Asegurar a formación continua do persoal do laboratorio tanto en materia de ensaios coma de calidade.
- Controlar que todos os ensaios que se realicen se atopan sometidos a un rigoroso control de calidade que garanta a súa fiabilidade.
- Satisfacer as necesidades da nosa clientela, das autoridades reguladoras ou das organizacións encargadas do recoñecemento do laboratorio.
- Mellorar de forma continua o servizo prestado á nosa clientela.
Para alcanzar os obxectivos establecidos comprométense a:
- Cumprir os requisitos da norma internacional ISO/IEC 17025.
- Cumprir os requisitos da norma internacional ISO 9001.
- Garantir que o laboratorio segue unhas boas prácticas profesionais.
- Asegurar o adecuado nivel do traballo que permita a satisfacción da nosa clientela coa calidade dos ensaios realizados.
- Promover a adquisición dos recursos materiais e humanos que sexan necesarios para a consecución do mencionado obxectivo.
- Asegurar a imparcialidade do persoal do laboratorio respecto á realización dos ensaios.
A calidade é un obxectivo e unha responsabilidade de todo o persoal do laboratorio. Por iso, establecemos como requisito imprescindible para a consecución desta política que todo o persoal se familiarice coa documentación sobre a calidade e poña en práctica, no seu traballo diario, os procedementos establecidos.
A xefatura do Servizo de Medio Ambiente e a xefatura da Sección do Laboratorio de Mouriscade son as responsables de implantar o sistema de calidade e encoméndanlle á persoa responsable de Calidade a tarefa de supervisar a eficacia deste sistema e de garantir que se implante e aplique en todo momento.