Visitas - Finca Mouriscade
Visitas
A Deputación de Pontevedra pon a disposición dos centros educativos, das asociacións ou doutros colectivos, organizados en grupos de entre 20 ata 35 persoas, a realización de visitas guiadas e gratuítas á Finca Mouriscade.
A Finca Mouriscade é un centro de referencia en Galicia de análise e investigación avanzada sobre a alimentación, as enfermidades e a xenética dos animais, especialmente das vacas de raza frisoa, que son as máis comúns na provincia de Pontevedra e en Galicia, pero tamén do gando porcino e da cabana de aves. Neste centro traballa un equipo de máis de trinta profesionais de distintas áreas, todas e todos cun mesmo obxectivo: mellorar o coidado, a nutrición, a saúde e a produción de leite dos animais.
As persoas visitantes poderán coñecer o centro que se divide en tres áreas:
O laboratorio
Conta con especialistas e medios de última xeración para coñecer a calidade dos alimentos do gando e previr enfermidades; tamén se analizan auga e xermes.A granxa
Nela trabállase na mellora xenética do gando a través da transferencia embrionaria. Nacen tenreiras dos mellores exemplares e grazas ao seu labor as gandeiras e gandeiros poden ter animais máis saudables e produtivos. Os refugallos que se producen na Finca Mouriscade se utilizan na fabricación de enerxía para autoconsumo na planta de biogás.As terras de cultivo
O terreo ocupa unha superficie de 44 hectáreas e gran parte está destinada a cultivos de millo e praderías, que nos permiten realizar ensaios para mellorar a alimentación do gando, ademais de investigar sobre os fertilizantes.
Por razóns de organización e eficacia na realización da visita, o grupo estará formado por un mínimo de 10 e un máximo de 35 integrantes, incluído en ambos os casos a ou o responsable, quen acompañará as e os integrantes en todo momento.
Se o grupo supera o número máximo establecido, deberá solicitarse o número de visitas necesarias en función do número de integrantes do grupo. As solicitudes deberán presentarse cunha antelación mínima de 72 horas á data proposta.
Póñase en contacto con laboratorio.mouriscade@depo.es para obtener más información