null Noticia - Visita da asociación veciñal Praza da Miñoca á Finca Mouriscade

Visita da asociación veciñal Praza da Miñoca á Finca Mouriscade

22/11/2022

A Asociación de Veciños Praza da Miñoca de Vigo foi esta mañá a primeira en sumarse ao programa de visitas que ofrece a Finca Mouriscade da Deputación. Alí foron recibidos as e os membros do colectivo polo deputado de Economía, Carlos Font, que explicou que esta iniciativa da institución provincial busca abrir este centro "e o seu coñecemento" á cidadanía a través de asociacións, colectivos e escolares.

Este programa, que comezou a mediados de outubro e que xa contou con 8 visitas de sete centros educativos da provincia, consiste en visitas guiadas gratuítas tódolos martes en dúas quendas. Durante a ruta polo centro investigador agrodandeiro, as e os asistentes visitaron o laboratorio, coñeceron a granxa e pasearon polas 44 hectáreas de terras de cultivo coas que conta a Finca lalinense.