El laboratorio Evonik - Finca Mouriscade
El laboratorio Evonik
O laboratorio Evonik
En 1995 nace o proxecto NIR dos laboratorios Evonik. A análise de centos de miles de mostras nos seus catorce laboratorios analíticos presentes en catro continentes permitiu reunir unha gran base de datos de mostras para desenvolver as calibracións NIR.
Para iso utilizáronse métodos fisicoquímicos de referencia. A calidade dos resultados NIR emitidos por Evonik está asegurada mediante a certificación dos seus laboratorios (ISO 9001) e a aplicación da norma ISO 12099 no desenvolvemento e mantemento das calibracións de predición NIR.
-
- ISO 12099:2017. Alimentos para animais, cereais e produtos derivados de cereais. Directrices para a aplicación de espectrometría no infravermello próximo
Para desenvolver as calibracións Evonik emprega tecnoloxía Foss NIRSystems e Bruker.
Tratamento das mostras previo á análise NIR
Unha vez recibidas as mostras no noso laboratorio, sométense a un exhaustivo proceso de homoxeneización; a continuación, son acondicionadas en muíños para a súa posterior análise NIR.
Procedementos analíticos empregados para desenvolver as calibracións
Evonik - Analisis proximal NIR
Análise proximal NIR + enerxía
A análise proximal de Weende é un método cuantitativo para determinar os macronutrientes presentes nos alimentos. Baséase na división das fraccións nutricionais dos alimentos en seis categorías en función das propiedades químicas que teñen en común. As categorías son: humidade, cinzas brutas (CB), proteína bruta (PB), materia graxa, MG (extracto etéreo) e os hidratos de carbono, a fibra bruta (FB) e o extracto libre de nitróxeno (ELN); esta fracción non se determina quimicamente, senón que se calcula restando a PB, a MG e a FB da materia orgánica e contén compoñentes hidrocarbonados de importancia nutricional coma azucres, amidón e pectinas, entre outros.
O cálculo de enerxía NIR determina o contido enerxético (enerxía bruta, EB; enerxía dixerible, ED; enerxía metabolizable, EM; enerxía neta, EN; e enerxía metabolizable aparente, EMAn) de diferentes materias primas e pensos utilizando ecuacións de regresión seleccionadas que vinculan a composición proximal estimada mediante a análise proximal NIR. No caso dos pensos para aves de curral e galiñas poñedeiras, realízase unha estimación da EB e da EMAn. Nesta ligazón (AMINONIR® NRG) recóllese información detallada acerca das ecuacións empregadas para calcular o contido enerxético.
Humidade
A humidade correspóndese coa porcentaxe de auga presente na mostra. As necesidades nutricionais dos animais poden expresarse como a mostra tal cal, estandarizada a un determinado contido en humidade ou como base de materia seca (100 % - humidade), pero é importante que estas necesidades e os resultados analíticos compartan a mesma base.
Para determinar o contido en humidade, a mostra sécase inicialmente a 103 °C durante 4 horas. Determínase a perda de peso da mostra e calcúlase a fracción de auga bruta.
- ISO 6496. 1999. Determinación do contido de humidade e outras materias volátiles. Xenebra, Suíza.
- VDLUFA Libro de métodos Bd. III, 2.1/3.1 (humidade)
- Regulamento (CE) núm. 152/2009 da Comisión, de 27 de xaneiro de 2009, polo que se establecen os métodos de mostraxe e análise para o control oficial dos pensos. Anexo III, Diario Oficial da Unión Europea L54/1 do 26/02/2009.
Cinzas
As cinzas representan o contido en minerais dun alimento.
Para determinar o contido en cinzas, a mostra quéntase a 550 °C durante polo menos 4 horas para eliminar o carbono presente nela; é dicir, elimínanse todos os compostos orgánicos. Ao calcular a perda de peso da mostra determínase de forma matemática a fracción de materia orgánica.
- AOAC 942.05. 2000. Cinzas dos pensos. Gaithersburg, MD, EUA.
- ISO 5984. 2002. Pensos - Determinación das cinzas brutas. Xenebra, Suíza.
- VDLUFA Libro de métodos Bd. III, 8.1 (cinzas brutas).
- Regulamento (CE) núm. 152/2009 da Comisión, de 27 de xaneiro de 2009, polo que se establecen os métodos de mostraxe e análise para o control oficial dos pensos. Anexo III, Diario Oficial da Unión Europea L54/1 do 26/02/2009.
Proteína bruta (PB)
As proteínas son compostos orgánicos formados por aminoácidos, un compoñente fundamental dos órganos vitais, dos tecidos, dos músculos, do pelo, da pel, do leite e das enzimas. Ademais, cómpre consumilas todos os días para o mantemento, a lactación, o crecemento e a reprodución. O contido de nitróxeno serve de base para calcular o contido de PB.
Para determinalo emprégase o método establecido por Dumas, o cal se basea na combustión da mostra e na análise dos gases de combustión para obter o nitróxeno. Supoñendo que o contido medio en nitróxeno das proteínas sexa do 16 %, ao multiplicar o contido en nitróxeno (en %) obtido mediante a análise do nitróxeno por 6,25 calcúlase o contido aproximado en proteínas da mostra.
- AOAC 990-03. 2000. Proteína (bruta) en pensos, método de combustión. Gaithersburg, MD, EUA.
Materia graxa (MG)
O uso de graxas como ingredientes nos pensos ten como obxectivo principal incrementar a concentración enerxética destes porque aumentan a densidade calórica por gramo e melloran a eficiencia enerxética do alimento. Ademais, incorporar graxas nos pensos achega outras vantaxes colaterais, como mellorar as características de textura e palatabilidade, o que facilita o proceso de granulación e a incorporación de determinados ingredientes.
Para determinar as graxas e os lípidos, estes extráense de forma continua con hexano mediante o método Soxhlet. Tras evaporarse o disolvente, o residuo restante constitúe a fracción de extracto etéreo (EE). Seguindo o método Weibull-Stoldt, a mostra hidrolízase con ácido clorhídrico antes da extracción para favorecer a liberación da graxa da matriz da célula.
- AOAC 920.39.2000. Graxa (bruta) ou extracto etéreo en pensos. Gaithersburg, MD, EUA.
- ISO 6492. 1999. Pensos para animais - Determinación do contido de graxa. Xenebra, Suíza.
- VDLUFA Libro de métodos Bd. III, 5.1 (graxa bruta).
- Regulamento (CE) núm. 152/2009 da Comisión, de 27 de xaneiro de 2009, polo que se establecen os métodos de mostraxe e análise para o control oficial dos pensos. Anexo III, Diario Oficial da Unión Europea L54/1 do 26/02/2009.
Azucres totais
Os azucres pertencen á familia de nutrientes denominados hidratos de carbono e divídense en monosacáridos e oligosacáridos.
- Os monosacáridos son os azucres máis sinxelos. Clasifícanse como triosas, tetrosas, pentosas, hexosas e heptosas, en función do número de átomos de carbono que conteña a súa molécula.
- Os oligosacáridos están formados por monosacáridos que se unen, eliminándose unha molécula de auga por cada enlace, para formar di, tri, ou tetra polisacáridos, que conteñen, respectivamente, dúas, tres, catro ou unha maior cantidade de unidades de monosacáridos.
Nos animais monogástricos os azucres simples ou monosacáridos absórbense no intestino sen necesidade de dixestión previa, polo que son unha fonte moi rápida de enerxía. Os azucres complexos deben transformarse en azucres sinxelos para ser asimilados. A glicosa é o monosacárido máis común e abundante.
Os oligosacáridos máis usados en alimentación animal son a sacarosa e a lactosa, os cales están formados por dous monosacáridos.
Os azucres totais determínanse segundo o método de Luff-Schoorl. Os azucres extráense nunha solución etanólica e trátanse cos reactivos de Carrez I e II. Tras eliminar o etanol, os azucres redutores trátanse con ácido clorhídrico a temperatura de ebulición durante 30 minutos. Os azucres determínanse mediante o reactivo de Luff-Schoorl e a posterior valoración iodométrica. O contido en azucres exprésase como sacarosa. Para expresalo como glicosa hai que dividilo entre 0,95. No caso dos produtos lácteos e do soro, o azucre tamén se calcula segundo o método de Luff-Schoorl, pero expresado como lactosa.
- VDLUFA Libro de métodos Bd. III, 7.1 (azucres).
- Regulamento (CE) núm. 152/2009 da Comisión, de 27 de xaneiro de 2009, polo que se establecen os métodos de mostraxe e análise para o control oficial dos pensos. Anexo III, Diario Oficial da Unión Europea L54/1 do 26/02/2009.
Amidón
O amidón é un polisacárido que está presente na maioría dos vexetais como hidrato de carbono de reserva e é moi abundante nas sementes, nos froitos, nos tubérculos e nas raíces. Atópase en forma de gránulos, cuxo tamaño e forma son distintos segundo a planta de que se trate.
O amidón é unha boa fonte de enerxía e o único polisacárido altamente utilizable polos animais monogástricos; tanto este coma os disacáridos presentes na ración deben ser degradados a monosacáridos para ser absorbidos.
O contido en amidón determínase seguindo o método polarimétrico de Ewers. A primeira determinación da rotación óptica realízase unha vez tratada a mostra con ácido clorhídrico diluído a unha temperatura de ebulición. Na segunda determinación extráese a mostra con etanol ao 40 % e, a continuación, con ácido clorhídrico. Para obter o contido en amidón, a diferenza entre as dúas determinacións multiplícase por un factor determinado.
Demostrouse que co método polarimétrico obtéñense resultados incorrectos de amidón (sobreestimación) no caso de materias primas específicas, por exemplo, produtos de soia e fermento. Para estes dous grupos de materias primas aplícase a determinación enzimática do amidón en lugar do método polarimétrico.
Os produtos de colza, os de xirasol, a copra, a fariña de palmiste, ade mostaza e a de guar, así como os produtos de orixe animal, non conteñen amidón.
- VDLUFA Libro de métodos Bd. III, 7.2 (amidón).
- Regulamento (CE) núm. 152/2009 da Comisión, de 27 de xaneiro de 2009, polo que se establecen os métodos de mostraxe e análise para o control oficial dos pensos. Anexo III, Diario Oficial da Unión Europea L54/1 do 26/02/2009.
Fibra bruta (FB)
Desde o punto de vista químico a fibra descríbese como polisacáridos non amidonados (polisacáridos non amiláceos), cuxos constituíntes principais son a celulosa, a hemicelulosa e a lignina. A dixestión deste tipo de hidratos de carbono só é posible a través das enzimas dos microorganismos do aparato dixestivo. Determínase como o residuo que queda tras a dobre hidrólise ácida e alcalina do alimento.
Para determinar a FB, segundo o procedemento descrito por Weende, a mostra, se é necesario desengraxada, trátase sucesivamente con solucións en ebulición de H2SO4 0,13M (elimina o amidón, os azucres e parte das pectinas) e de KOH 0,23M (elimina as proteínas). O residuo sepárase por filtración, lávase, desécase, pésase e calcínase. A perda de peso resultante da calcinación corresponde á FB presente na mostra de ensaio.
- ISO 6865. 2000. Pensos – Determinación do contido de fibra bruta - Método con filtración intermedia. Xenebra, Suíza.
- VDLUFA Libro de métodos Bd. III, 6.1 (fibra bruta).
- Regulamento (CE) núm. 152/2009 da Comisión, de 27 de xaneiro de 2009, polo que se establecen os métodos de mostraxe e análise para o control oficial dos pensos. Anexo III, Diario Oficial da Unión Europea L54/1 do 26/02/2009.
Fibra neutro deterxente (FND) e fibra ácido deterxente (FAD)
Van Soest desenvolveu un procedemento para detectar os diferentes compoñentes da parede celular mediante a determinación da FND e da FAD que presenta varias vantaxes sobre a análise clásica da FB. As principais son:
- Posibilidade de determinar a celulosa e a lignina deterxente ácido na fibra illada.
- Retención da case totalidade da celulosa e da lignina presentes no material orixinal (mediante o procedemento de determinación de FB desenvolvido por Wendee o tratamento con álcali quente solubiliza parte da lignina e, polo tanto, esta fracción indixerible contabilízase entre os extractivos libres de nitróxeno).
FND
A composición total dos compoñentes da parede celular obtense mediante a dixestión (ebulición) da mostra de penso nunha solución de deterxente neutro, o que dá lugar á fracción de FND.
Para determinar a FND, as mostras trátanse solución neutro deterxente (sulfato lauril sódico, acedo etilendiaminotetraacético, EDTA, sulfito sódico, trietilenglicol a pH=7,0) e amilase. Este deterxente extrae lípidos, azucres, ácidos orgánicos, PB, nitróxeno non proteico, pectina e algo de sílice e taninos. O residuo (non soluble) é a FND que contén a maior parte dos compoñentes da parede celular coma a celulosa, a hemicelulosa ou a lignina.
O residuo sepárase por filtración, lávase, desécase, pésase e calcínase. A perda de peso resultante da calcinación corresponde á FB presente na mostra de ensaio.FAD
Os compoñentes solubles en ácido deterxente inclúen a hemicelulosa e as proteínas da parede celular. Ao residuo chámaselle FAD e contén celulosa e lignina.
Para determinar a FAD, as mostras trátanse con solución ácido deterxente (H2SO4 0,5M e cetiltrimetil amonio). O residuo sepárase por filtración, lávase, desécase, pésase e calcínase. A perda de peso resultante da calcinación corresponde á FB presente na mostra de ensaio.
- AOAC 973.18. 2010. Fibra (deterxente acedo) e lignina (H2SO4) en pensos. Gaithersburg, MD, EUA.
- VDLUFA Libro de métodos Bd. III, 6.5.1 (NDF) e 6.5.2 (ADF).
Fósforo
En alimentación animal é importante analizar o fósforo, xa que é un mineral esencial para o metabolismo do organismo animal que xoga un papel moi importante no desenvolvemento e no mantemento das estruturas óseas, entre outras.
Para determinalo, as mostras sométense a un sistema de dixestión a presión por microondas: a uns 300 mg de mostra engádenselles 4 mL de ácido nítrico concentrado (ao 67 %) e 1 mL de peróxido de hidróxeno (ao 30 %). A dixestión realízase en tubos de 55 mL utilizando un programa de temperatura: 10 minutos de calor ata 190 °C, 30 minutos de tratamento a 190 °C, e arrefriamento. O fósforo total determínase mediante espectrometría de masas con plasma axustado indutivamente (ICP-MS).
- DIN EN 13805:2014-12 Dixestión por microondas para a determinación de minerais.
- DIN NISO 17294-2 2017-01 ICP-MS (fósforo).
Fósforo fítico
O ácido fítico é un ácido orgánico presente en grans de cereais. O fósforo contido na súa molécula non é absorbible por ter unha baixa solubilidade, aínda que a súa biodisponibilidade pode incrementarse pola actividade de enzimas fitasas.
Para determinar o fósforo fítico realízase unha estimación do contido en fósforo fítico tomando como base o fósforo total multiplicado polo factor de fósforo fítico das táboas do Instituto Nacional para a Investigación Agronómica (INRA).
- D. Sauvant, J.-M. Perez e G. Tran: Tables of Composition and Nutritional Value of Feed Materials. INRA 2004 (fósforo fítico).
Evonik - Aminoacidos NIR
Aminoácidos NIR
As proteínas son compostos orgánicos complexos de alto peso molecular. Do mesmo xeito que os hidratos de carbono e as graxas, conteñen carbono, hidróxeno e osíxeno pero, ademais, todas conteñen nitróxeno e, xeralmente, xofre.
Ao hidrolizar as proteínas mediante enzimas, ácidos ou álcalis obtéñense aminoácidos (AA). A estrutura química dun aminoácido estaría formada por un grupo nitroxenado básico, que xeralmente é un grupo amino (-NH2) e un grupo carboxílico ácido (-COOH) que se unen a un carbono (C); as outras dúas valencias dese C quedan saturadas cun átomo de H e cun grupo químico variable, ao que se lle denomina radical (R).
Os vexetais e a maioría dos microorganismos sintetizan proteínas a partir de compostos nitroxenados sinxelos, coma os nitratos. Os animais non poden sintetizar o grupo amino, de modo que, para formar as proteínas, deben recibir os AA na ración. Algúns AA poden obterse a partir doutros, mediante un proceso denominado transaminación, pero os esqueletos carbonados de certos AA non poden sintetizarse no organismo animal e reciben o nome de AA esenciais ou indispensables.
Determinación de AA
O procedemento analítico para determinar AA está deseñado para calcular as concentracións de AA nos pensos e nas materias primas. Para iso, mídense os AA ligados ás proteínas e os AA subministrados ou libres e presentes de forma natural.
Os AA presentes nos alimentos están ligados ás proteínas. Antes de determinalos por cromatografía de intercambio iónico nun analizador de AA (Biochrom 30, 30 plus, 20 ou 20 plus Biochrom Ltd. Cambridge, O Reino Unido, cunha tarxeta conversora bidireccional A/D nun PC que utiliza un software para a integración de picos), deben ser liberados e, para iso, segundo o caso, emprégase hidrólise con ácido clorhídrico semiconcentrado en ebulición ou oxídanse a 0 °C con ácido perfórmico.
O triptófano en presenza de calor é sensible aos ácidos e ao osíxeno. Por iso, para determinalo non se pode usar a hidrólise ácida con calor, polo que as mostras se saponifican en condicións alcalinas nun autoclave. Tras a hidrólise, cuantifícase mediante cromatografía de fase inversa nunha columna de HPLC (unidade de HPLC con posibilidade de elución en gradiente, detector de fluorescencia con lonxitude de onda de excitación e emisión axustables, sistema de integración de picos, Sistema HPLC Shimadzu, tipo 10A ou 20A con software LC-Solution).
- J. Fontaine: "Amino Acid Analysis of Feeds" en Amino Acids in Animal Nutrition; J. P. F. D'Mello, Editor; CAB Publishing, Wallingford, O Reino Unido (2003), 15-40.
- C. R. Llames e J. Fontaine: "Determination of Amino Acids in Feeds: Collaborative Study". Journal of AOAC International. 77 (1994), 1362-1402.
- S. Bech-Andersen, V. C. Mason e M. S. Dhanoa: "Hydrolysate Preparation for Amino Acid Determinations in Feed Constituents: 9. Modifications to Oxidation and Hydrolysis Conditions for Streamlined Procedures". Journal of Animal Physiology and Animal Nutrition. 63 (1990), 188-197.
- P. Slump e K. D. Bos: "Determination of Methionine in Feed Concentrates". Poultry Science. 64 (1985), 705-707.
- V. C. Mason, S. Bech-Andersen e M. Rudemo: "Hydrolysate Preparation for Amino Acid Determinations in Feed Constituents: 8". Studies of Oxidation Conditions for Streamlined Procedures. Z. Tierphysiol., Tierernährg. u. Futtermittelkde. 43 (1980), 146-164.
- J. Fontaine, S. Bech-Andersen, U. Bütikofer e I. de Froidmont-Görtz: "Determination of Tryptophan in Feed by HPLC – Development of an Optimal Hydrolysis and Extraction Procedure by the EU Commission DG XII in Three International Collaborative Studies". Agrobiological Research 51 (2), 97-108 (1998).
- J. Landry e S. Delhaye: "Simplified Procedure for the Determination of Tryptophan of Foods and Feedstuffs from Barytic Hydrolysis". Journal of Agricultural and Food Chemistry. 40, 776-779 (1992).
- S. Bech-Andersen: "Determination of Tryptophan with HPLC after Alkaline Hydrolysis in Autoclave Using-Methyl-tryptophan as Internal Standard". Acta Agriculturae Scandinavica. 41, 305-309 (1991).
- P. Slump, T. D. Flissebaalje e I. K. Haaksman: "Tryptophan in Food Proteins: A Comparison of Two Hydrolytic Procedures". Journal of the Science of Food and Agriculture. 55, 493-496 (1991).
- Directiva 2000/45/CC da Comisión, de 6 de xullo de 2000, pola que se establecen métodos comunitarios para a determinación da vitamina A, da vitamina E e do triptófano: anexo parte C, Determinación do triptófano. Diario Oficial da Unión Europea, L174, 45-50 (2000).
Dixestibilidade dos AA
A base da formulación ao mínimo custo consiste en clasificar as materias primas segundo o seu prezo e as súas propiedades nutritivas. O sistema de valoración nutricional baseado na dixestibilidade dos AA é máis potente en comparación co de cuantificacións do contido total de AA porque avalía mellor o valor nutritivo das materias primas. A dixestibilidade determina que porcentaxe do nutriente se absorberá no tracto dixestivo. Só os nutrientes absorbidos están dispoñibles para as vías metabólicas, polo tanto, soamente a formulación de alimento que se basee en AA dixeribles proporcionará AA nunha cantidade suficiente para alcanzar o rendemento desexado do animal (crecemento, produción de ovos, fertilidade).
Estudos previos sobre a dixestibilidade ileal estandarizada (DIE) de AA en porcos e a DIE de AA en polos, publicados por Evonik en 2009 e 2006, respectivamente, explican os ensaios de dixestibilidade de AA esencial realizados en 44 ingredientes alimentarios para porcos en crecemento e en 20 ingredientes para polos.
Os coeficientes da DIE calcúlanse a partir da dixestibilidade ileal aparente, as perdas endóxenas basais de AA e o contido en AA da mostra.
Os valores de DIE de AA para aves e porcos que nos proporciona a calibración AMINONIR AA indícannos a máxima dixestibilidade que unha mostra pode ter, a condición de que esta teña un tratamento térmico adecuado/normal. As materias primas que durante o seu proceso de produción se someten a un procesado térmico, a medida que este aumenta, proliferan as reaccións de Maillard que reducen a dispoñibilidade dalgúns AA para o animal (algúns exemplos de AA sensibles ao sobreprocesamento son a lisina, a arxinina ou a cistina, entre outros).
O parámetro indicador das condicións de procesamento (PCI) que se inclúe na calibración AMINONIR RED axúdanos a coñecer cal é o procesamento térmico dunha mostra (normal, sobreprocesada ou subprocesada).
Nos casos de mostras de grans secos de destilería con solubles (DDG) de millo e produtos de soia que sexan analizados para AMINONIR AA e AMINONIR RED inclúese a corrección de coeficientes de DIE corrixidos en función do resultado do PCI da mostra, que indica o contido en AA dixeribles estandarizados para porcos de engorde e polos (curvas obtidas en ensaios in vivo con porcos e polos).
Referencias bibliográficas correspondentes ao PCI:
- Wiltafsky, M., Reimann, I., Fickler, J. e Rademacher-Heilshorn, M. (2018) Method for the determination of processing influences on the nutritional. Value of feedstuff raw materials. European Patent Office. Application number: 18156218.2
Referencias bibliográficas correspondentes á DIE de AA en polos:
- Adedokun S. A., O. Adeola, C. M. Parsons, M. S. Lilburn e T. J. Applegate (2008): "Standardized Ileal Amino Acid Digestibility of Plant Feedstuffs in Broiler Chickens and Turkey Poults Using a Nitrogen-Free or Casein Diet". Poultry Science 87:2535-2548. Corn, DDGS corn, rapeseed/canola meal, soybean meal
- Adedokun S. A., C. M. Parsons, M. S. Lilburn, O. Adeola e T. J. Applegate (2007): "Standardized Ileal Amino Acid Digestibility of Meat and Bone Meal from Different Sources in Broiler Chicks and Turkey Poults with a Nitrogen-Free or Casein Diet". Poultry Science 86:2598-2607. Meat-and-bone meal
- Ali, M. A. e S. Leeson (1995): "The Nutritive Value of Some Indigenous Asian Poultry Feed Ingredients". Animal Feed Science Technology 55:227-237.* Rice polishings
- Al-Marzooqi, W., I. T. Kadim e O. Mahgoub (2011): "Influence of Strain of Chickens on Ileal Amino Acids Digestibility of Different Protein Sources". International Journal of Poultry Science 10 (4) 276-283. Fish meal
- Al-Marzooqi, W., I. T. Kadim, O. Mahgoub, M. Al-Busaidi, S. M. Al-Lawati, R. Al-Maqbaly, S. Al-Wheebi e A. N. Al-Bakery (2010): "Apparent Ileal Amino Acids Digestibility of Four Varieties of Barley for Two Strains of Chickens". International Journal of Poultry Science 9 (6) 527-532. Barley
- Audren, G. P., H. L. Classen, K. V. Schwean e V. Racz (2002): "Nutritional Value of Wheat Screenings for Broiler Chickens". Canadian Journal of Animal Science 82:393-398.* Wheat middlings
- Bandegan, A., W. Guenter, D. Hoehler, G. H. Crow e C. M. Nyachoti (2009): "Standardized Ileal Amino Acid Digestibility in Wheat Distillers Dried Grains with Solubles for Broilers". Poultry Science 88:2592-2599. Wheat, DDGS wheat
- Bandegan, A., E. Kiarie, R. L. Payne, G. H. Crow, W. Guenter e C. M. Nyachoti (2010): "Standardized Ileal Amino Acid Digestibility in Dry-Extruded Expelled Soybean Meal, Extruded Canola Seed-Pea, Feather Meal, and Poultry By-Product Meal for Broiler Chickens". Poultry Science 89:2626-2633. Soybean meal, feather meal, poultry-by-product meal
- Cremers, S. (2002): Untersuchungen Zur Scheinbaren Und Wahren Ilealen Protein- Und Aminosäurenverdaulichkeit Von Fleischknochenmehlen Beim Wachsenden Huhn Und Methodenvergleich Zur Bestimmung Der Endogenen Aminosäurenverluste. Doctoral thesis.* Meat-and-bone meal
- De Coca-Sinova, A., D. G. Valencia, E. Jiménez-Moreno, R. Lázaro e G. G. Mateos (2008): "Apparent Ileal Digestibility of Energy, Nitrogen, and Amino Acids of Soybean Meals of Different Origin in Broilers". Poultry Science 87:2613-2623. Soybean meal
- Esteve-Garcia, E., E. Caparo e J. Brufau (1993): "Formulation with Total Versus Digestible Amino Acids". Proceedings of the 9th European Symposium on Poultry Nutrition.* Corn, soybean meal, fish meal, meat-and-bone meal
- Frikha, M., D. G. Valencia, A. de Coca-Sinova, R. Lázaro e G. G. Mateos (2013): "Ileal Digestibility of Amino Acids of Unheated and Autoclaved Pea Protein Concentrate in Broilers". Poultry Science 92:1848-1857. Pea protein concentrate
- Garcia, A. R., A. B. Batal e N. M. Dale (2007): "A Comparison of Methods to Determine Amino Acid Digestibility of Feed Ingredients for Chickens". Poultry Science 86:94-101. Corn, wheat, soybean meal, feather meal, fish meal, poultry-by-product meal
- Johnson, R. e P. Eason (1988): "Evaluation of Triticale for Use in Diets for Meat-type Chickens". Journal of Science in Food and Agriculture 42:95-108.* wheat
- Karakas, P., H. A. J. Versteegh, Y. van der Horning, J. Kogut e A. W. Jongbloed (2001): "Nutritive Value of the Meat and Bone Meals from Cattle or Pigs in Broiler Diets". Poultry Science 80:1180-1189.* Meat-and-bone meal
- Kim, E. J., P. L. Utterback, T. J. Applegate e C. M. Parsons (2011): "Comparison of Amino Acid Digestibility of Feedstuffs Determined with the Precision Fed Cecectomized Rooster Assay and the Standardized Ileal Amino Acid Digestibility Assay". Poultry Science 90:2511-2519. Corn, DDGS corn, meat-and-bone meal, poultry-by-product meal
- Kim, E. J., L. Utterback e C. M. Parsons (2012): "Comparison of Amino Acid Digestibility Coefficients for Soybean Meal, Canola Meal, Fish Meal, and Meat and Bone Meal Among 3 Different Bioassays". Poultry Science 91:1350-1355. Corn, corngluten meal, DDGS corn, rapeseed/canola meal, fish meal, meat-and-bone meal
- Kluth, H., M. Mantei, C. Elwert e M. Rodehutscord (2005): "Variation in Precaecal Amino Acid and Energy Digestibility Between Pea (Pisum Sativum) Cultivars Determined Using a Linear Regression Approach". British Poultry Science 46:3, pp. 325-332. Peas
- Kong, C. e O. Adeola (2013): "Additivity of Amino Acid Digestibility in Corn and Soybean Meal for Broiler Chickens and White Pekin Ducks". Poultry Science 92:2381-2388. Corn, soybean meal
- Lemme, A., V. Ravindran e W. L. Bryden (2004): "Ileal Digestibility of Amino Acids in Feed Ingredients for Broilers". World's Poultry Science Journal, Vol. 60, pp. 421-435.* Endogenous loss
- Masey O' Neill, H. V., M. Rademacher, I. Mueller- Harvey, E: Stringano, S. Kightley e J. Wiseman (2012): "Standardised Ileal Digestibility of Crude Protein and Amino Acids of IK-Grown Peas and Faba Beans by Broilers". Animal Feed Science and Technology 175:158-167. Beans, peas
- Nalle, C. L., V. Ravindran e G. Ravindran (2010): "Nutritional Value of Faba Beans (Vicia faba L.) for Broilers: Apparent Metabolisable Energy, Ileal Amino Acid Digestibility and Production Performance". Animal Feed Science and Technology 156:104-111. Beans
- Nalle, C. L., V. Ravindran e G. Ravindran (2011): "Nutritional Value of Peas (Pisum sativum L.) for Broilers: Apparent Metabolisable Energy, Ileal Amino Acid Digestibility and Production Performance". Animal Production Science 51:150-155. Peas
- Nalle, C. L., V. Ravindran e G. Ravindran (2012): "Nutritional Value of Lupins (Lupinus Albus) for Broilers: Apparent Metabolisable Energy, Ileal Amino Acid Digestibility and Production Performance". Animal 6:4, pp. 579-585. Lupines
- Nandha, N. K., T. A. Woyengo, R. L. Payne e C. M. Nyachoti (2013): "Ileal Digestibility of Amino Acids in Pea Protein Isolates, Wheat-Corn Distillers Dried Grains with Solubles, and Short-Season Corn Fed to Broiler Chicks". Poultry Science 92:184-191. Corn, wheat, pea protein concentrate
- Newkirk, R. W., H. L. Classen, T. A. Scott e M. J. Edney (2003): "The Digestibility and Content of Amino Acids in Toasted and Non-Toasted Canola Meals". Canadian Journal of Animal Science 83:131-139.* Rapeseed/canola meal
- Newkirk, R. W. (2001); personal information* rapeseed/canola meal
- Pérez, L., I. Fernández-Figares, R. Nieto, J. F. Aguilera e C. Prieto (1993): "Amino Acid Ileal Digestibility of Some Grain Legume Seeds in Growing Chickens". Animal Production 56:261-267.* Soybean meal
- Pertilä, S., J. Valaja, K. Partanen, T. Jalava, T. Kiiskinen e S. Palander (2001): "Effects of Preservation Method and ß-Glucanase Supplementation on Ileal Amino Acid Digestibility and Feeding Value of Barley for Poultry". British Poultry Science 42:218-229.* Barley
- Ravindran, V., L. I. Hew e W. L. Bryden (2001): "Digestible Amino Acids in Poultry Feedstuffs". Rural Industries Research & Development Corporation (RIRDC) Publication, No. 98/9, Project No. US-67CM, PRF Occasional Bulletin No. 4. Barley, corn, corngluten meal, rice polishings, sorghum, triticale, wheat, wheat middlings, beans, lupines, peas, cottonseed meal, rapeseed/canola meal, soybean meal, sunflower meal, feather meal, fish meal, meat-and-bone meal
- Rodehutscord, M. (2003); personal information.* Rapeseed/canola meal
- Rostagno et al. (1999); personal information.* Soybean meal
- Short, F. J., J. Wiseman e K. N. Boorman (1996): "Apparent Digestibility of Amino Acids in Two Varieties of Wheat". British Poultry Science Vol. 37, Suppl. S76.* Wheat
- Ten Doesschate, R. A. H. M., C. W. Scheele, V. V. A. M. Schreurs e J. D. van der Klis (1993): "Digestibility Studies in Broiler Chickens: Influence of Genotype, Age, Sex and Method of Determination". British Poultry Science 34:131-146.* Wheat, soybean meal
- Valencia, D. G., M. P. Serrano, E. Jiménez-Moreno, R. Lázaro e G. G. Mateos (2009): "Ileal Digestibility of Amino Acids of Pea Protein Concentrate and Soya Protein Sources in Broiler Chicks". Livestock Science 121:21-27. Pea protein concentrate, soy protein concentrate, soybean meal, soybean full fat
- Woyengo, T. A. e C. M. Nyachoti (2012): "Ileal Digestibility of Amino Acids for Zero-Tannin Faba Bean (Vicia faba L.) Fed to Broiler Chickens". Poultry Science 91:439-443. Beans, soybean meal
Referencias bibliográficas correspondentes á DIE de AA en porcos:
- Almeida, F. N., J. K. Htoo, J. Thomson e H. H. Stein (2013). "Amino Acid Digestibility in Camelina Products Fed to Growing Pigs". Canadian Journal of Animal Science 93: 335–343.
- Almeida, F. N., J. K. Htoo, J. Thomson e H. H. Stein (2013). "Digestibility by Growing Pigs of Amino Acids in Heat-Damaged Sunflower Meal and Cottonseed Meal". Journal of Animal Science 92: 585-593.
- Almeida, F. N., J. K. Htoo, J. Thomson e H. H. Stein (2013). "Amino Acid Digestibility of Heat Damaged Distillers Dried Grains with Solubles Fed to Pigs".Journal of Animal Science and Biotechnology. 4:44.
- Almeida, F. N., J. K. Htoo, J. Thomson e H. H. Stein (2013): "Comparative Amino Acid Digestibility in US Blood Products Fed to Weanling Pigs". Animal Feed Science and Technology 181: 80-86.
- Almeida, F. N., J. K. Htoo, J. Thomson e H. H. Stein (2013): "Comparative Amino Acid Digestibility in US Blood Products Fed to Weanling Pigs". Animal Feed Science and Technology 181: 80-86.
- Almeida, F. N., R. C. Sulabo e H. H. Stein (2014): "Amino Acid Digestibility and Concentration of Digestible and Metabolizable Energy in a Threonine Biomass Product Fed to Weanling Pigs Journal of Animal Science. 92: 4540-4546.
- Almeida, F. N., J. K. Htoo, J. Thomson e H. H. Stein (2014). "Digestibility by Growing Pigs of Amino Acids in Heat-Damaged Sunflower Meal and Cottonseed Meal". Journal of Animal Science 92: 585-593.
- Almeida, F. N., J. K. Htoo, J. Thomson e H. H. Stein (2014). "Effects of Heat Treatment on the Apparent and Standardized Ileal Digestibility of Amino Acids in Canola Meal Fed to Growing Pigs. Animal Feed Science and Technology 187: 44-52.
- Almeida, F. N., R. C. Sulabo e H. H. Stein (2014): "Amino Acid Digestibility and Concentration of Digestible and Metabolizable Energy in a Threonine Biomass Product Fed to Weanling Pigs". Journal of Animal Science 92: 4540-4546.
- Baker, K. M., B. G. Kim e H. H. Stein (2010): "Amino Acid Digestibility in Conventional, High-Protein, or Low-Oligosaccharide Varieties of Full-Fat Soybeans and in Soybean Meal by Weanling Pigs". Animal Feed Science and Technology 162: 66-73.
- Baker, K. M., Y. Liu e H. H. Stein (2014): "Nutritional Value of Soybean Meal Produced from High Protein, Low Oligosaccharide, or Conventional Varieties of Soybeans and Fed to Weanling Pigs". Animal Feed Science and Technology 188: 64-73.
- Boisen, S. e P. J. Moughan (1996). "Dietary Infle on Endogenous Ileal Protein and Amino Acid Loss in the Pig – A Review". Animal Science 46: 154-164.
- Brestensky, M., S. Nitrayova, P. Patras e J. Heger (2013). "Standardized Ileal Digestibilities of Amino Acids and Nitrogen in Rye, Barley, Soybean Meal, Malt Sprouts, Sorghum, Wheat Germ and Broken Rice Fed to Growing Pigs". Animal Feed Science and Technology 186 (2013) 120-124.
- Bruun, T. S., J. Vinther, N. M. Slot e P. Tybirk (2014): "Digestibility of Soy and Rapeseed Products for Weaned Pigs". Trial Report No. 993. Pig Research Centre.
- Butts, C. A., P. J. Moughan, W. C. Smith e D. H. Carr (1993 a). "The Effect of Food Dry Matter Intake on Endogenous Ileal Amino Acid Excretion Determined Under Peptide and Protein Alimentation in the 50 kg Live Weight Pig". Journal of the Science of Food and Agriculture 62: 235-243.
- Butts, C. A., P. J. Moughan, W. C. Smith e D. H. Carr (1993b). "Endogenous Lysine and Other Amino Acid Flows at the Terminal Ileum of the Growing Pig (20 Kg Bodyweight): The Effect of Protein-Free, Synthetic Amino Acid, Peptide and Protein Alimentation". Journal of the Science of Food and Agriculture 61: 31-40.
- Casas, G. A. Jaworski, N. W., J. K. Htoo e H. H. Stein (2017). "Ileal Digestibility of Amino Acids in Selected Feed Ingredients Fed to Young Growing Pigs". Journal of Animal Science (doi: 10.1093/jas/sky114).
- Cervantes-Pahm, S. K. e H. H. Stein (2010). "Ileal Digestibility of Amino Acids in Conventional, Fermented, and Enzymetreated Soybean Meal and in Soy Protein Isolate, Fish Meal, and Casein Fed to Weanling Pigs". Journal of Animal Science 88: 2674-2683.
- Cervantes-Pahm, S. K., Y. Liu e H. H. Stein (2014). "Digestible Indispensable Amino Acid Score and Digestible Amino Acids in Eight Cereal Grains". British Journal of Nutrition. 111: 1663-1672.
- Chung, T. K. e D. H. Baker (1992). "Apparent and True Amino Acid Digestibility of a Crystalline Amino Acid Mixture and of Casein: Comparison of Values Obtained with Ileal-Cannulated Pigs and Cecectomized Cockerels". Journal of Animal Science 70: 3.781-3.790.
- Curry, S. M., D. M. D. L. Navarro, F. N. Almeida, J. A. S. Almeida e H. H. Stein (2014). "Amino Acid Digestibility in Low-Fat Distillers Dried Grains with Solubles Fed to Growing Pigs". Journal of Animal Science and Biotechnology 5:27.
- CVB Table (1997). Veevoedertabel 1997, Centraal Veevoederbureau, Postbus 2176, 8203 AD Lelystad, The Netherlands.
- CVB Table (1998). Veevoedertabel 1998, Centraal Veevoederbureau, Postbus 2176, 8203 AD Lelystad, The Netherlands.
- Dadalt, J.C., C. Gallardo, G. V. Polycarpo, F. E. L. Budiño, A. Rogiewicz, D. A. Berto e M. A. Trindade Neto (2016). "Ileal Amino Acid Digestibility of Broken Rice Fed to Postweaned Piglets with or without Multicarbohydrase and Phytase Supplementation". Asian Australas. Journal of Animal Science 29(10): 1483-1489.
- Darcy-Vrillon, B. e J. P. Laplace (1984). "Digestion des protéines dans l'intestin grêle chez le porc. III. Digestibilité des acides aminés et variations postprandiales de la composition des digesta selon la source de protéines d'un régime à base d'amidon de blé purifié". Annales de Zootechnie 33: 467-488.
- Darcy-Vrillon, B., J. P. Laplace e P. H. Duee (1982). "Digestion des protéines dans l'intestin grêle chez le porc. I. Digestibilité des acides aminés selon la source de protéines d'un régime à base d'amidon de maïs purifié". Annales de Zootechnie 31: 279-300.
- De Lange, C. F. M., W. C. Sauer, R. Mosenthin e W. B. Souffrant (1989a). "The Effect of Feeding Different Protein-Free Diets on the Recovery and Amino Acid Composition of Endogenous Protein Collected from the Distal Ileum and Feces in Pigs". Journal of Animal Science 67: 746-754.
- De Lange, C. F. M., W. C. Sauer e W. B. Souffrant (1989b). "The Effect of Protein Status of the Pig on the Recovery and Amino Acid Composition of Endogenous Protein in Digesta Collected from the Distal Ileum". Journal of Animal Science 67: 755-762.
- Dilger, R. N., J. S. Sands, D. Ragland e O. Adeola (2004). "Digestibility of Nitrogen and Amino Acids in Soybean Meal with Added Soyhulls". Journal of Animal Science 82: 715-724.
Evonik - Control procesado termico NIR
Control procesado térmico NIR
O procesamento térmico dos produtos de soia (soia enteira, soia extrusionada ou fariña de soia), os grans secos de destilería con solubles (DDGS), a fariña de colza e as fariñas de sementes oleaxinosas semellantes é crucial na produción de pensos. Tanto un procesamento insuficiente coma un excesivo reducen a dispoñibilidade biolóxica dos nutrientes esenciais e diminúen o rendemento dos animais.
Por iso, desenvolvéronse diferentes métodos para determinar os parámetros que describen a calidade destes produtos:
Fariña de soia, soia extrusionada, fabas de soia procesadas e crúas(con toda a súa graxa):
- Actividade dos inhibidores de Tripsina (AIT)
- Solubilidade da proteína en KOH
- Lisina reactiva e lisina reactiva/proporción de lisina.
DDGS (a base de millo):
- Índice de dispersabilidade da proteína (PDI)
- Solubilidade da proteína en KOH
- Lisina reactiva e lisina reactiva/proporción de lisina.
Fariña de colza e expulsión por presión, fariña de mostaza e expulsión por presión:
- Índice de dispersabilidade da proteína (PDI)
- Solubilidade da proteína en KOH
- Lisina reactiva e lisina reactiva/proporción de lisina.
- Ácido erúcico
- Glucosinolatos
Para cuantificar a matriz global dos factores que inflúen no proceso, utilízase o indicador das condicións de procesamento (PCI), que é unha combinación dos diversos factores de procesamento: insuficiente, adecuado ou excesivo, expresado nun índice numérico.
Índice de dispersabilidade das proteínas (PDI)
O exceso e a falta de procesamento dos produtos de soia poden determinarse mediante o PDI de acordo co método AOCS BA 10-65. Nel mídese a cantidade de proteína de soia dispersa na auga.
Tras mesturarse con auga a 25 °C, a mostra de soia axítase a 8.500 rpm. As proteínas dispérsanse en condicións acuosas ata que alcanzan un determinado valor, que se expresa como porcentaxe do contido orixinal de nitróxeno da mostra. Canto máis se procesa a mostra, máis diminúe a cantidade de proteínas dispersas. Os niveis recomendados sitúanse entre o 15 e o 40 %.
- American Oil Chemist Society (2017). Protein Dispersibility Index. Official Method Ba 10b-09 of the AOCS. Champagne,IL. EUA
Solubilidade das proteínas en KOH
Cando o tratamento térmico é demasiado intenso, a solubilidade da proteína en condicións normais diminúe. Este feito relaciónase co ritmo de crecemento dos animais. Nesta proba mídese a porcentaxe de proteínas que solubilizan nunha solución de hidróxido de potasio (0,2 % de KOH) (Áraba e Dale, 1988). Tras avaliar os resultados, pódese diferenciar un produto demasiado procesado dun correctamente procesado. Con todo, non é o suficientemente sensible para estimar o infraprocesamento.
En primeiro lugar, determínase o contido de nitróxeno da mostra mediante o método Kjeldahl. A continuación, mestúrase cunha solución de KOH (ao 0,2 %) e axítase a 8.500 rpm durante 20 minutos a 22 °C. Centrifúganse inmediatamente uns 50 mL da solución axitada a 2.500 g durante 15 minutos. Tómanse 10 mL do sobrenadante para determinar o nitróxeno. Os resultados exprésanse como porcentaxe do contido orixinal de nitróxeno da mostra. A soia crúa e os produtos de soia ben procesados deben ter unha solubilidade das proteínas en KOH de ao redor do 90 %. Isto significa que o 90 % da proteína presente no produto se solubiliza na solución de KOH. A NOPA (1997) recomenda niveis do 73 ao 85 %.
- NOPA. 1997-1999. Nation Oilseeds Processors Association, Year Book and Trading Rules, Washington, DC
- Araba, M., e Dale, N.M. (1990). "Evaluation of Protein Solubility as an Indicator of Underprocessing of Soybean Meal". Poultry Science 69:76-83
- International Organization for Standardization (2014). Oilseed meals - Determination of soluble proteins in potassium hydroxide solution (ISO 14244:2014). European Committee for Standardization. Bruxelas, Bélxica
Actividade dos inhibidores de tripsina (AIT)
Os produtos de soia conteñen inhibidores da enzima dixestiva tripsina. A actividade da tripsina en presenza dos inhibidores na mostra determínase usando un substrato sintético segundo a norma ISO 14902:2001 e o método AACC 22-40.01. Canto maior sexa a actividade dos inhibidores no produto, menor será a actividade da tripsina. No ensaio a tripsina formará p-nitroanilina a partir do substrato DL-BAPA (AACC 22-40.01) ou L-BAPA (ISO 14902:2001) en presenza da mostra de soia. A p-nitroanilina ten unha cor amarela e detéctase fotometricamente. A actividade da tripsina é proporcional á intensidade da cor amarela.
Os resultados móstranse como actividade inhibidora da tripsina en mg/g, como a cantidade de tripsina inhibida (mg) por un gramo de mostra nas condicións descritas do ensaio.
- Hamerstrand, G. E., Black, L. T. e Glover J. D. (1981). "Trypsin Inhibitors in Soy Products: Modification of the Standard Analytical Procedure". Cereal Chemistry 58: 42-45
- American Association of Cereal Chemists. Approved methods of analysis, 11th Ed. Method 22-40.01. Measurement of trypsin inhibitor activity of soy products—spectrophotometric method. First approval Nov 7, 1973; Reapproved Nov 3, 1999. AACC International, St. Paul. doi: 10.1094/AACCIntMethod-22-40.01
- International Organization for Standardization (ISO) 14902. (2001). Standard 14902:2001. Animal feedingstuffs—determination of trypsin inhibitor activity of soya products. Approved Oct 2001; Reapproved Aug 2012. International Organization for Standardization, Xenebra
Lisina reactiva
O procesamento térmico das materias primas e dos pensos pode danar os aminoácidos, o que provoca que algúns deles non estean dispoñibles desde o punto de vista nutricional. Isto é particularmente certo no caso da lisina, que posúe un grupo e-amin que pode reaccionar, por exemplo, cos azucres presentes na dieta para producir compostos que poden ser parcialmente absorbidos polo intestino pero que non teñen ningún valor nutricional para o animal. Na chamada reacción de Maillard interveñen moitos factores diferentes: por exemplo, o pH, os tipos de aminoácidos e azucres, a temperatura, o tempo ou a presenza de osíxeno e de auga.
Os primeiros produtos de Maillard son derivados da lisina estruturalmente alterados e designados compostos de Amadori, mentres que os produtos de Maillard posteriores se denominan melanoidinas. Estas non se poden identificar nunha análise ordinaria de aminoácidos, non interfiren na análise normal da lisina nin inflúen nos valores de dixestibilidade calculados, só dan lugar a menores concentracións de lisina na mostra e, polo tanto, menores cantidades de lisina absorbidas. Doutra banda, os compostos de Amadori (primeiros produtos de Maillard) interfiren coa análise de aminoácidos e proporcionan concentracións inexactas de lisina na mostra analizada. A lisina ligada a estes compostos denomínase "lisina bloqueada" e non está dispoñible bioloxicamente porque é resistente á descomposición enzimática gastrointestinal.
O método da lisina reactiva estima a cantidade de lisina que non está ligada a ningún compoñente do penso de maneira que dificulte a dixestibilidade ou a dispoñibilidade da lisina. Esta chámase "lisina reactiva" e pode ser absorbida e usada polo animal.
A determinación cuantitativa de lisina reactiva fundaméntase en transformar quimicamente a lisina reactiva en homoarxinina a través dunha reacción de guanidinación usando o-metilisourea antes de que as mostras se hidrolicen con ácido durante a análise de aminoácidos por HPLC. Posteriormente, sepárase a lisina reactiva da lisina non reactiva no cromatograma durante a análise de aminoácidos, xa que a lisina reactiva aparece como homoarxinina, mentres que a lisina rexenerada (non reactiva) aparece como lisina. A cantidade de homoarxinina convértese entón en lisina en base molar para calcular a cantidade de lisina reactiva.
Para cada tipo de mostra é necesario optimizar as condicións de derivatización en termos de pH e tempo de reacción.
- J. Fontaine, U. Zimmer, P. J. Mourghan e S. M. Rutherfurd: "Effect of Heat Damage in an Autoclave on the Reactive Lysine Contents of Soy Products and Corn Distillers Dried Grains with Solubles. Use of the Results to Check on Lysine Damage in Common Qualities of These Ingredients". Journal of Agricultural and Food Chemistry (2007), 55, 10737-10743
Lisina reactiva/proporción de lisina
Cálculo da proporción do contido en lisina reactiva: o contido total de lisina dun ingrediente para pensos proporciona información sobre o exceso de procesamento. A proporción recomendada para un procesamento adecuado é >90.
Acedo erúcico (C22:1n9)
Para evitar a oxidación do ácido erúcico (C22:1n9) e doutros ácidos graxos, utilízase un método de extracción en frío con hexano. Os ácidos graxos extraídos derivatízanse nos correspondentes ésteres metílicos de ácidos graxos (FAME) engadindo hidróxido de trimetilsulfonio (TMSH). A continuación, os FAME analízanse mediante cromatografía de gases con detector por ionización de chama.
A determinación do perfil de ácidos graxos indica o contido total en materia graxa dunha mostra. O contido mínimo en materia graxa da mostra debe ser do 2 %.
- ASU L 13.00-27/3:2018-06, DIN EN ISO 12966-3:2016-11 (ácidos graxos, hidróxido de trimetilsulfonio, TMSH)
- ASU L 13.00-46:2018-06, DIN EN ISO 12966-4:2015-11 (cromatografía de gases con detector de ionización de chama, GC-FID)
Glucosinolatos
Os glucosinolatos (epiprogoitrina, glucobrassicina, glucoerucina, glucoiberina, gluconapina, gluconasturtina, glucorafanina, glucosinalbina, glucotropaeolina, progoitrina e sinigrina) cuantifícanse mediante LC-MS/MS tras a extracción con metanol/auga nun baño de ultrasóns, e analízanse mediante CL acoplada a espectrómetros de masa en tándem (LC/MS/MS).
A concentración de glucosinolatos totais exprésase sumando todos os contidos de glucosinolatos. Os resultados preséntanse en µmol/g.
Indicador das condicións de procesamento (PCI)
O PCI integra os diversos factores de procesamento insuficiente, adecuado ou excesivo mediante un índice numérico. Ten en conta varios factores antinutricionais, así como os efectos do dano por calor no contido de aminoácidos e a solubilidade das proteínas. Desenvolvéronse calibracións NIRS para predicir o PCI de forma rápida e fiable.
Rangos de PCI:
- PCI de 0 a 10; sobreprocesado térmico
- PCI>10 ata 20; procesado térmico normal
- PCI>20 ata 30; procesado térmico deficiente
- Wiltafsky, M., Reimann, I., Fickler, J. e Rademacher-Heilshorn, M. (2018) Method for the determination of processing influences on the nutritional value of feedstuff raw materials. European Patent Office. Application number: 18156218.2
Evonik - Acidos grasos NIR
Ácidos graxos NIR
Usar graxas como ingredientes nos pensos ten como obxectivo principal incrementar a súa concentración enerxética, tanto pola súa maior densidade calórica por gramo como porque melloran a eficiencia enerxética do alimento. Ao mesmo tempo, incorporar graxas nos pensos achega outras vantaxes colaterais, como mellorar as características de textura e palatabilidade, o que facilita o proceso de granulación e a adición de determinados ingredientes.
As graxas compóñense de ácidos graxos (AG), que son ácidos orgánicos monocarboxílicos de cadea alifática, raramente libres, e case sempre esterificando o glicerol. Son xeralmente de cadea lineal e teñen un número par de átomos de carbono.
Os AG esenciais son de vital importancia en diferentes funcións metabólicas dos animais.
Nome común e acrónimo dos ácidos graxos
Aínda que existen moitos sistemas de nomenclatura para os AG, algúns deles non proporcionan información suficiente sobre a súa estrutura. O nome químico debe describila claramente. Á hora de nomealos, séguese unha nomenclatura sistemática recomendada pola Unión Internacional de Química Pura e Aplicada (IUPAC). O sistema da IUPAC nomea os ácidos soamente sobre a base do número de átomos de carbono e o número e a posición dos dobres enlaces relacionada co grupo carboxilo. Tamén se identifican a configuración de dobres enlaces, a posición de cadeas ramificadas e os heteroátomos, entre outros trazos estruturais. A pesar de que a nomenclatura da IUPAC é moi precisa e tecnicamente clara, os nomes dos AG son longos. Por esta razón, e por simple comodidade, optouse por usar frecuentemente nomes comúns ou históricos e notacións abreviadas.
Os AG subdivídense en tres grupos segundo o grao de insaturación:
- Ácidos graxos saturados (AGS). Non posúen dobres enlaces. Os AGS da dieta subministran enerxía, son compoñentes estruturais das membranas das células e proporcionan a textura e a palatabilidade desexadas nos alimentos. Atópanse principalmente nos alimentos de orixe animal (carne e produtos lácteos) e en certas graxas vexetais (aceite de palma e coco).
- Ácidos graxos monoinsaturados (MUFA). Contan cun dobre enlace. Na natureza existen máis dun cento con configuración cis, pero a maioría son compoñentes pouco comúns. O ácido oleico é o máis común e está presente en cantidades considerables en fontes de orixe animal e vexetal.
- Ácidos graxos poliinsaturados (PUFA). Posúen dous ou máis dobres enlaces e agrúpanse en familias que se denominan indicando as posicións dos dobres enlaces máis próximos ao átomo de carbono omega dos devanditos ácidos (omega-6, omega-3).
O termo "ácidos graxos esenciais" é un tipo de graxas que os animais poden sintetizar e que deben ser achegadas pola alimentación. Principalmente coñécense dous tipos:
- Ácidos graxos omega 3: ácido alfa-linolénico, ácido eicosapentaenoico e ácido docosahexanoico
- Ácidos graxos omega 6: ácido gamma linoleico e ácido araquidónico
Determinación de AG
Para determinar o contido de AG nos pensos e nas materias primas, coñecido como "perfil de ácidos graxos", extráense os AG e realízase a análise química mediante un procedemento de derivatización e separación por cromatografía de gases con detector de ionización de chama.
Para evitar a oxidación dos AG utilízase un método de extracción en frío con hexano. Os AG extraídos derivatízanse nos correspondentes ésteres metílicos de ácidos graxos (FAME) engadindo hidróxido de trimetilsulfonio (TMSH). A continuación, os FAME analízanse mediante cromatografía de gases con detector de ionización de chama.
A determinación do perfil de AG exprésase con base no contido total en materia graxa dunha mostra (materia graxa con hidrólise previa). O contido mínimo en materia graxa da mostra debe ser do 2 %.
O resultado de cada AG preséntase como a porcentaxe do contido total de cada AG en materia graxa (% de AG en materia graxa). A concentración de AG da mostra (materia prima ou penso) (% de AG tal cal) obtense mediante a seguinte fórmula: