Nas parcelas da Finca Mouriscade, ademais de producir a forraxe para o seu rabaño, desenvólvense diferentes ensaios de cultivos de millo ou leguminosas e estúdase o comportamento de diferentes fertilizantes. Desde hai varios anos, Mouriscade colabora con diferentes casas comerciais para levar a cabo estas probas de campo, e divulga os resultados entre as gandeiras e gandeiros, que poden así valorar o que mellor se adapta á súa gandería.