Laboratorio - Finca Mouriscade

El laboratorio
El objetivo del laboratorio es dar un servicio rápido, fiable, confidencial e independiente de las partes implicadas en el sector
Servicios del laboratorio
A actividade diaria da Finca Mouriscade céntrase fundamentalmente na realización de análises de alimentación animal coma ensilados, pensos e materias primas para mellorar a rendibilidade das explotacións gandeiras.
A liña de análises permítelles a gandeiros, cooperativas e industrias coñecer, coa máxima fiabilidade, os valores nutricionais da manutención das súas reses, para optimizala e favorecer que as explotacións sexan cada vez máis modernas e competitivas nos mercados.
Unha das prioridades do laboratorio da Finca Mouriscade é a rapidez do traballo para que os interesados poidan tomar decisións e actuar no menor tempo posible. Para lograr este fin aplícase un protocolo que permite que as análises químicas de ensilado, realizadas mediante a técnica NIR, se entreguen nun prazo de 24 a 48 horas.
No laboratorio da Finca Mouriscade tamén se realizan análises de augas nas que se detectan E. coli, coliformes, así como nitratos, nitritos ou se determina a súa condutividade, entre outros parámetros.
Finalmente, tamén existe unha liña de identificación de xermes en leite causantes de mamite e realízanse antibiogramas.
Todos os resultados das análises que se realizan na Finca Mouriscade poden consultarse na web tan pronto como finalizan as probas. Para iso o laboratorio facilítalles aos clientes un contrasinal confidencial e seguro.
